Docampo, Xabier P. (1946-2018)

O pazo baleiro / Xabier P. Docampo - 2ª ed - Madrid : Anaya, 1999 - 160 p . : il . ; 20 cm - Sopa de Libros. Azul. 12 anos ; 2 .

A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor, que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoias e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar.
Para iso conta con Ramiro, Sol e Társila, os amigos de Nicolás. As esculcas levaranos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente a unha familia nobre que era a propietaria dun pazo deshabitado de Eiravella, de onde inicialmente procede o reloxo. Todos os catro acodirán ao pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas.

5º-6º Primaria 1º-2º ESO

8420782580

82-N

Coa tecnoloxía Koha