Cunqueiro, Álvaro

Merlin e familia : I outras historias Álvaro Cunqueiro - 1ª ed. - Vigo Galaxia 1999 - 187 p. : il. b/n 20 cm

O libro fundacional da narrativa de Cunqueiro, poboado de personaxes inverosímiles pero absolutamente verdadeiros cos que a invención do seu autor chega a cotas prodixiosas. Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián; pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura de consello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo.



3º-4º ESO 1º-2º BAC

8471540592


Magos
Maxia
Fantasía
Aventuras
Humor

82 N

Coa tecnoloxía Koha