R. Almodóvar, Antonio (1941- )

Os dereitos da infancia / Antonio R. Almodóvar - 1ª ed. - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2014 - 86 p. : il. cor ; 27 cm

Contén dez contos que recrean os principios recollidos na Declaración Universal dos Dereitos do Neno, aprobada pola ONU en 1959. Textos de Agustín Fernández Paz, Eliacer Cansino Macías, Gonzalo Moure Trenor, Daniel Nesquens, Gustavo Martín Garzo, Lorenzo Silva, Mariansun Landa, Gloria Cecilia Díaz, Ana María Shua, Antonio Rodríguez Almodóvar, Begoña Varela Vázquez.

En 1959 a ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos do Neno. Dez principios que perseguen garantirlles a todos os nenos e nenas os coidados, a protección e a educación necesarios. Entre outros, o dereito a ser iguais sen distinción de raza ou relixión, a recibir protección especial, a ter un nome e unha nacionalidade, a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas, a recibir educación ou a poder xogar.
Neste libro, dez grandes autores de literatura infantil e xuvenil uniron o seu talento co do ilustrador Emilio Urberuaga e ofrécennos dez contos que recrean os principios recollidos nesa declaración, co obxectivo de lembrar a súa importancia e de darlles a coñecer aos nenos e nenas de hoxe en día uns dereitos fundamentais que desde hai décadas velan pola súa protección e desenvolvemento.

3º-4º Primaria 5º-6º Primaria 1º-2º ESO

9788499147468


Dereitos do neno--Contos
Derechos del niño--Cuentos
Educación en valores--Contos
Educación en valores--Cuentos

82-N

Coa tecnoloxía Koha